Informática no Nadal

Este Nadal terá lugar a celebración na Aula CeMIT de Ribeira de dous cursos gratuítos de informática dirixidos aos máis pequenos, ambos do 27 de decembro ao 5 de xaneiro.

Así, haberá unha primeira acción formativa para nenos e nenas de entre 7 a 10 anos (de 10 a 11:30 horas) titulada “Iníciate na informática”, na que o alumnado aprenderá a escribir, debuxar, animar fotos e navegar por Internet.

E pensando nos rapaces de 11 a 15 anos (de 12 a 13.30 horas) terá lugar unha segunda acción sobre “Edición de imaxe”, onde aprenderase a retocar fotografías e montar un álbum.

Cómpre formalizar  inscricións vía web en:

https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribeira

Informática no Nadal
Localización
Aula Cemit de Ribeira