Fotos

IMG_2192

Ribeira apodera ás técnicas da limpieza de todo o concello polo 8M
Whatsapp: Ribeira apodera ás técnicas da limpieza de todo o concello polo 8M

No Día Internacional da Muller a Concellaría de Igualdade ribeirense, que dirixe Cruz Rivadulla, organizou un acto de apoderamento e recoñecemento das traballadoras da limpeza como un sector tan importante como invisibilizado. Ao acto asistiron técnicas da limpeza do municipio ás que se lles entregou un agasallo xunto con cadanseu diploma.

 

 


A homenaxe celebrouse na sala polivalente do Auditorio Municipal e foi presidido polo alcalde, a concelleira de Igualdade e demais edís da Corporación Municipal. A actriz Atenea García foi a encargada de conducir un acto moi distendido e dinámico que incluíu unhas pequenas pezas de pandeireta e canto que acompañaban aos seus contos no transcurso do acto.

Para comezar proxectouse o vídeo oficial da ONU titulado “Por e para todas as mulleres e nenas”, a continuación Atenea pasoulle a palabra concelleira de Igualdade quen salientou que “este ano 2025 é un ano crucial para a procura mundial da igualdade de xénero e o apoderamento das mulleres xa que se cumpren 30 da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing”, tamén recordou que “nós podemos ser a xeración que peche a fenda e acade a igualdade de xénero”. Rivadulla salientou que “a pesar dos avances conseguidos quedan moitas cousas por facer” para rematar sumándose ao apoderamento das técnicas da limpeza “que tan merecido tiñan esta homenaxe”. Xusto despois interveu á voceira representante das técnicas limpadoras, Francisca Vidal Ogando, que tivo palabras de agradecemento en nome do seu colectivo polo acto e indicou que “un bo comezo é facer referencia ao propio colectivo coma técnicas da limpeza”.

A continuación procedeuse ao acto de entrega dos diplomas e agasallos a tódalas traballadoras xunto cunha imaxe de familia para o recordo.

O acto estivo cheo de  momentos cómicos e distendidos que de cara ao final pasou a ser máis institucional coa intervención de Luís Pérez Barral. O alcalde fixo unha rotunda alegación a este sector de traballadoras destacando que “neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, xuntámonos para rendervos unha merecida homenaxe ás mulleres traballadoras, loitadoras, imprescindibles: as limpadoras. Aquelas que, con mans firmes e corazóns xenerosos, mantedes en pé o piar mesmo das nosas vidas: as nosas casas e o noso día a día".

Pérez Barral fixo referencia á propia invisibilización do sector pero defendeu que “o traballo que desenvolven é como esa engrenaxe silenciosa que fai que todo funcione porque mentres os comercios abren ou as fábricas producen, sodes vós as que, cunha dedicación incansable, garantides que cada espazo estea limpo, ordenado e listo para acoller a vida que nel”.

Para rematar falou da igualdade real que empeza tamén por visibilizar os traballos que sosteñen a vida diaria, “hoxe, como alcalde, non só quero recoñecer o voso traballo, senón tamén proclamar en voz alta que Ribeira ten unha débeda convosco. Espero que este recoñecemento non sexa un punto final, senón un inicio: o inicio dunha Ribeira máis consciente, máis agradecida e máis comprometida coa igualdade.

 Longa vida ás mulleres de Ribeira!”.


 


 

Inauguración da II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira
Whatsapp: Inauguración da II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira

9 de marzo de 2025

Na tarde do pasado venres dentro dos actos programados para celebrar o 8M, a concellería de Cultura presidida por Antía Alberte, a concelleira de promoción Económica, Genoveva Betanzos, a edil, Juana Brión xunto cos técnicos de cultura do Concello de Ribeira e as artistas da mostra presidiron o acto de inauguración desta II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira cunha gran afluencia de público e de propostas; cun total de 3 esculturas e 21 pinturas de diversos estilos, dende óleo, acrílico,  acuarela, gravado, debuxo, serigrafía ou pastel. A mostra estará no C,C. Lustres Rivas dende o 7 de marzo ao 9 de abril.

Unai González introduciu o acto desculpando  a ausencia do alcalde polo solapamento doutro acto con entrega de galardóns. O xestor cultural agradeceu o traballo de Sara García que foi a encargada de estar en contacto cos artistas para a organización da mostra. “Deixar en marzo o espazo para unha exposición de mulleres non deixa de ser unha acción positiva que busca abrir unha fiestra de difusión e posta en valor para aquelas creadoras que non se atreven a dar o paso de xeito individual e que quizais despois do éxito alcanzado expoñendo nesta colectiva queiran facelo, radicando aí o sentido desta mostra que agardo que agrade a todas e todos os que decidan visitala” afirmou Unai González.

O pasado xoves dentro da programación do concello polo 8M, celebrou unha conferencia  impartida por Carolina Casal co título “Rachando o silencio imposto na historia da arte” que reflexionou sobre a invisibilidade e o mal trato durante a historia do labor das mulleres artistas. 

Noutra liña argumental Antía Alberte na súa quenda de palabra puxo en valor a esas mulleres que tiñan inquietudes artísticas e non as puideron desenrolar “é un pouco esa sensación que se quere transmitir de esas mulleres que por avatares de xénero non lograron satisfacer as súas inquietudes culturais, unha homenaxe a esas mulleres que antepoñen a súa vida para os coidados dos demais, poñer ese concepto na mesa e facer unha reflexión sobre o tema, non só ás mulleres; penso que é un tema social e o teño que poñer enriba da mesa”.

O feminismo non é só poñer un pin ou vestir morado

Por outra banda Antía deixou claro que esta mostra non está enfocada á interpretación de obras que explicitan á muller, “senón facer o que lle inspire a cada unha como artista, e ademais  lle propuxemos para o catálogo, que hoxe se repartirá para todos e todas, facer un pequeno texto que lle inspire a propia obra”. Antía sinalou que “o feminismo non é vestirse de morado un día ou poñerse un pin senón que a nosa liña será seguir traballando todo o ano transversalmente para dar unha visibilidade máis sólida”.

O acto rematou coa entrega dos catálogos da mostra e agradecendo aos asistentes e  artistas por asistir a esta segunda mostra.
 

Ribeira honrará ás mulleres limpadoras de Ribeira polo 8M
Whatsapp: Ribeira honrará ás mulleres limpadoras de Ribeira polo 8M
Toda a información dos actos en https://www.ribeira.gal/8m

 

Ribeira, 6 de marzo de 2025 


Hoxe presentáronse as actividades que vai a desenrolar o Concello de Ribeira polo Día Internacional da Muller, á convocatoria asistiron: a concelleira de Igualdade, Cruz Rivadulla, a concelleira de Cultura, Antía Alberte e Manoli Parente responsable do CIM de Ribeira.

Rivadulla introduciu o acto “este ano 2025 é un ano crucial para a procura mundial da igualdade de xénero e o apoderamento das mulleres xa que se cumpren 30 da Declaración y Plataforma de Acción de Beijing”. No ano 1995, 189 gobernos adoptaron a declaración desta plataforma durante a IV Conferencia Mundial sobre a Muller que se celebrou en China; dito documento
é un plan de acción progresista e avalado para o avance dos dereitos das mulleres e nenas en todo o mundo; esta plataforma que senta as bases para as políticas, programas e inversión nas áreas claves coma a educación, a saúde, os medios e sobre todo a eliminación da violencia contra as mulleres.

A campaña mundial da ONU durante este ano basase en tres temas, fomento dos dereitos das mulleres e das nenas, promoción de igualdade de xénero e o impulso do apoderamento. A celebración deste día serve para pedir aos medios, gobernos e persoas que tomen medidas e que invirtan nas promoción dos dereitos das mulleres e na igualdade de xénero, “que compartamos estes días historias e mensaxes entorno a este día internacional para xerar un diálogo e inspirar unha acción e facer viral os problemas que existen aínda neste senso”.

“Nós podemos ser a xeración que peche a brecha e alcance a igualdade de xénero ;aínda, a pesar dos avances conseguidos quedan moitas cousas por facer” aludiu a concelleira de Igualdade para rematar a súa intervención e darlle o paso a Antía Alberte para presentar unha exposición que se vai a inaugurar este venres 7 ás 20.30 h no CC Lustres Rivas que leva como título “II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira 2025”

Para rematar a presentación, a responsable do CIM de Ribeira, Manoli Parente presentou o resto dos actos que sen van a celebrar, e hoxe mesmo as 19:00 h termos unha conferencia titulada: “Rachando o silencio imposto na Historia da Arte” coa conferenciante: Carolina Casal Chico, investigadora independente da Rede de Estudos Medievais da USC, docente externa IV Ciclo USC Campus Terra.

O propio sábado 8 de marzo farase o acto de “Homenaxe ás Mulleres de Ribeira Traballadoras no Servizo de Limpeza” acto que se celebrará na Sala polivalente do Auditorio Municipal e será conducido pola actríz, Atenea García a partir das 12:00 h. Ao acto asistiran representantes deste colectivo no que tamén manifestarán as súas inquietudes e darán a coñecer as necesidades do seu colectivo á tódolos asistentes.

O mércores 12 de marzo ás 11:00 h; para rematar os actos do 8M haberá unha representación teatral no Auditorio Municipal dirixida a escolares de 1º e 2º de Educación Primaria dos colexios de Ribeira. A obra leva o título de “Daniel e Daniela” da compañía teatral “Trémola”.