Noa Romero consegue a medalla de bronce no campionato do mundo junior.
Non foi tarefa fácil, a deportista do Natural tivo que gañar 4 duros combates para coarse na semifinal. Alí esperábanos a representante de Irán, unha deportista máis alta, cun control magnífico da perna dianteira.
O primeiro asalto estivo moi rifado, e as decisións arbitrais non axudaron a Noa, que perdeu ese asalto por unha penalización a pesar de quedar 4-4. Xa no segundo asalto, a deportista de Irán púxose por diante e Noa tentouno de todos os xeitos.
Gran traballo, gran resultado e agora a gozar deste novo éxito. Felicitar tamén a Raúl BOUZAS que está como adestrador da RFET e ten a oportunidade de saír na cadeira coas nosas deportistas.
O domingo, quenda para Carla Sesar.
Moita sorte!