As competencias principais do departamento de deportes do concello de Ribeira son:
- Fomentar, promover e difundir o deporte e a actividade física no ámbito local e entre todos os grupos de idade.
- Construír, xestionar, e manter instalacións de titularidade municipal. Velar pola plena e óptima utilización das mesmas.
- Fomentar e apoiar a creación de clubs e asociacións deportivas no Concello.
- Autorizar actividades fora das instalacións deportivas, en terreo público municipal.
- Organizar campionatos e eventos de carácter local.
- Calquera outra que vaia en beneficio do desenvolvemento deportivo do Concello.