Ribeira, 29 de setembro de 2024
Éxito na noite do sábado 28 de setembro ao longo da duración do espectáculo que tivo lugar no adro da igrexa de Ribeira da man das asociacións Bailadela e Sete Línguas da asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño.
O acto comezou puntual ás dez da noite e tivo unha gran asistencia de público, ao redor de 400 persoas de tódalas idades.
Foi un espectáculo innovador e e diferente onde a percusión con barrís, botellas, latas, pandeiretas, pandeiros, táboas e outros instrumentos acompañaron a voz de cativos e adultos que interpretaron un repertorio popular tradicional galego con recuperación de cantigas da contorna.
Entre os asistentes estaban a concelleira de Cultura, Antía Alberte e a de educación, Cruz Rivadulla, así como a profesora dos grupos, Manola Valiño, o presidente da asociación Bailadela, Oscar Romero e presidenta da asociación Francisco Lorenzo de Aguiño. Elvira Pisos, que agradeceron ao concello a súa colaboración para o desenvolvemento deste acto enmarcado na programación de outono da área de Cultura.