null "Bailadela e Sete Linguas” o novo espectáculo tradicional e de percusión que se vai a estrear o vindeiro sábado na Porta do Sol
"Bailadela e Sete Linguas” o novo espectáculo tradicional e de percusión que se vai a estrear o vindeiro sábado na Porta do Sol
Whatsapp: "Bailadela e Sete Linguas” o novo espectáculo tradicional e de percusión que se vai a estrear o vindeiro sábado na Porta do Sol

Ribeira, 25 de setembro de 2024

Hoxe presentouse dende a concellería de Cultura unha nova actividade da man da “Asociación Bailadela” máis o grupo de pandeiretas “Sete Linguas” que forma parte da Asociación Cultural Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño.

Ao acto de presentación compareceron a concelleira de Cultura, Antía Alberte máis os
representantes da asociación e do grupo de de pandereteiras.

O espectáculo terá lugar o vindeiro sábado 28 de setembro na Porta do Sol ás 22:00 h, o
espectáculo en si vai a xogar co factor sorpresa pero; “podemos adiantar que vai a ser un
espectáculo innovador de música tradicional cunha percusión moi peculiar que durará menos dunha hora” adiantou Antía.

Se espera que axude o bo tempo para ver este novo espectáculo de tradición, percusión e luz que terá a segunda parte no Nadal.

Animamos a toda a veciñanza a gozar de esta espectacular actuación, tradicional e innovadora.