null GMT de Ribeira actuou onte con rotundo éxito no novo auditorio municipal co seu espectáculo “Criaturas” dirixido por Oscar Romero.
GMT de Ribeira actuou onte con rotundo éxito no novo auditorio municipal co seu espectáculo “Criaturas” dirixido por Oscar Romero.
Whatsapp: GMT de Ribeira actuou onte con rotundo éxito no novo auditorio municipal co seu espectáculo “Criaturas” dirixido por Oscar Romero.

Ribeira 21 de setembro de 2024

Catrocentos espectadores gozaron durante a hora e media de función na que se sucederon “sketches” a cada un máis esperpéntico, sorprendente e divertido que cunha fluída e áxil interpretaciòn fixeron que a actuación pasara nun suspiro. Un sonoro e longo aplauso certificou o éxito.

 

A Concelleira de Cultura, Antía Alberte Maneiro e o xestor cultural, Unai González, parabenizaron ao grupo polo excelente resultado e anunciaron unha xira polos concellos da provincia a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña; actuarán en Melide, Porto do Son ou Rois, entre outras vilas. O GMTR tamén visitará Santiago co espectáculo “O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)” o vindeiro 26 de outubro, na que será a última función desta peza.

 

Lembraron tamén que o vindeiro 27 de setembro comenzará a Mostra de Teatro con doce espectáculos ata o 20 de Nadal, para a que xa hai 400 bonos e algunhas entradas adquiridas a traves de Ataquilla.com e que os últimos bonos e entradas aínda se poden mercar por internet ou de xeito presencial na Casa do Concello e de quedar butacas libres, tamén haberá billeteira física con tarxeta bancaria no propio auditorio unha hora antes de cada espectáculo durante este ciclo teatral.

 

Felicidades a Ana, Anita, Ángeles, Bea, Carmen, Celia, Elena, Gemma, Gloria, Kica, Mariam, Manola, Manola Erola, Merchi, Nando, Loli, Loli Caderno, Sigrid, Tere e Oscar por este agasallo de función.

Fotos de Lisardo Villar