Dende o Concello de Ribeira xunto coa súa Corporación, queremos trasladar o noso fondo pesar polo pasamento de Francisco Olveira Santos, director da Banda de Música de Caamaño durante casi seis décadas, onte en xuño aos 92 anos de idade. Trasladamos o noso pésame á súa familia, amizades e compañeiras e compañeiros da agrupación musical.
A relación deste concello coa banda de Caamaño ben de antigo, xa que foron moitas as festas, desfiles, celebracións e romarías nas que ten actuado, dende A Guía en Carreira aos Remedios en Ribeira, pasando polas Festas de Santa Uxía e o conxunto do resto de parroquias do municipio.
Na actualidade podemos ver unha fermosa acuarela de Beatriz Fernández Ferrín no Centro Cultural Lustres Rivas, que reproduce a Banda de Música de Caamaño co seu director á fronte; serva de humilde homenaxe ao falecido, a súa arte e amor pola Cultura. D.E.P.