Programas
- Centro de Información a Muller (CIM)
- Conservatorio profesional de música
- Cultura e festexos
- Deportes
- Educación
- Escola Municipal de Ballet
- Medio Ambiente e Benestar Animal
- Normalización lingüística
- Obras e urbanismo
- OMIC
- Orientación Laboral (Emprego)
- Unidade de Condutas Adictivas (UCA)
- Servizos sociais comunitarios
- Xuventude
Este programa facilita a participación da poboación en tarefas colectivas, onde son os propios cidadáns os que asumen a súa problemática e buscan as canles da solución, así como desenvolver unha conciencia solidaria e de participación social.
Dito programa divídese en tres proxectos:
a. Proxecto de Voluntariado Social Local.
b. Colaboración co Fondo Galego de Cooperación: Neste programa apoiase a cooperación e ponse en marcha a maquinaria da solidariedade, apoiando proxectos destinados a mellorar as condicións de vida dos máis desfavorecidos.
c. Proxecto de Vacacións en Paz: Este proxecto proporciona unha estancia agradable e gratificante aos nenos/as saharauí, vindo estes os dous meses de verán a Riveira. Os nenos/as serán acollidos polas familias riveirenses interesadas
I. Proxecto de Voluntariado Social Local.
- Acompañamento de enfermos ao Hospital do Barbanza e en xestións na residencia do maior de Riveira.
- Acompañamento e xestión a nenos/as e persoas maiores.
- Actividades de lectura con diversos colectivos na Biblioteca Municipal.
- Apoio extraescolar.
- Alfabetización magrebí e da terceira idade.
- Supervisión da medicación en casos particulares.
A través da recollida da solicitude de inscrición no Departamento dos Servicios Sociais de Riveira ou ben mediante a descarga de dita solicitude a posterior entrega da mesma no Departamento de Servizos Socias.