Novas

Ribeira honrará ás mulleres limpadoras de Ribeira polo 8M
Whatsapp: Ribeira honrará ás mulleres limpadoras de Ribeira polo 8M
Toda a información dos actos en https://www.ribeira.gal/8m

 

Ribeira, 6 de marzo de 2025 


Hoxe presentáronse as actividades que vai a desenrolar o Concello de Ribeira polo Día Internacional da Muller, á convocatoria asistiron: a concelleira de Igualdade, Cruz Rivadulla, a concelleira de Cultura, Antía Alberte e Manoli Parente responsable do CIM de Ribeira.

Rivadulla introduciu o acto “este ano 2025 é un ano crucial para a procura mundial da igualdade de xénero e o apoderamento das mulleres xa que se cumpren 30 da Declaración y Plataforma de Acción de Beijing”. No ano 1995, 189 gobernos adoptaron a declaración desta plataforma durante a IV Conferencia Mundial sobre a Muller que se celebrou en China; dito documento
é un plan de acción progresista e avalado para o avance dos dereitos das mulleres e nenas en todo o mundo; esta plataforma que senta as bases para as políticas, programas e inversión nas áreas claves coma a educación, a saúde, os medios e sobre todo a eliminación da violencia contra as mulleres.

A campaña mundial da ONU durante este ano basase en tres temas, fomento dos dereitos das mulleres e das nenas, promoción de igualdade de xénero e o impulso do apoderamento. A celebración deste día serve para pedir aos medios, gobernos e persoas que tomen medidas e que invirtan nas promoción dos dereitos das mulleres e na igualdade de xénero, “que compartamos estes días historias e mensaxes entorno a este día internacional para xerar un diálogo e inspirar unha acción e facer viral os problemas que existen aínda neste senso”.

“Nós podemos ser a xeración que peche a brecha e alcance a igualdade de xénero ;aínda, a pesar dos avances conseguidos quedan moitas cousas por facer” aludiu a concelleira de Igualdade para rematar a súa intervención e darlle o paso a Antía Alberte para presentar unha exposición que se vai a inaugurar este venres 7 ás 20.30 h no CC Lustres Rivas que leva como título “II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira 2025”

Para rematar a presentación, a responsable do CIM de Ribeira, Manoli Parente presentou o resto dos actos que sen van a celebrar, e hoxe mesmo as 19:00 h termos unha conferencia titulada: “Rachando o silencio imposto na Historia da Arte” coa conferenciante: Carolina Casal Chico, investigadora independente da Rede de Estudos Medievais da USC, docente externa IV Ciclo USC Campus Terra.

O propio sábado 8 de marzo farase o acto de “Homenaxe ás Mulleres de Ribeira Traballadoras no Servizo de Limpeza” acto que se celebrará na Sala polivalente do Auditorio Municipal e será conducido pola actríz, Atenea García a partir das 12:00 h. Ao acto asistiran representantes deste colectivo no que tamén manifestarán as súas inquietudes e darán a coñecer as necesidades do seu colectivo á tódolos asistentes.

O mércores 12 de marzo ás 11:00 h; para rematar os actos do 8M haberá unha representación teatral no Auditorio Municipal dirixida a escolares de 1º e 2º de Educación Primaria dos colexios de Ribeira. A obra leva o título de “Daniel e Daniela” da compañía teatral “Trémola”.