Contacontos "Burromaquia” de Fantoches Baj

Este sábado 9 de novembro ás 12.00 h temos contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas

O noso benquerido Inacio Vilariño trae a Ribeira os contos máis incribles e os cantares máis sonoros co seu espectáculo “Burromaquia”.

Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro.

A través da súa participación, os rapaces e rapazas van descubrindo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas.

Cunha pequena escenografía na que os monicreques teñen o seu espazo imos vivir a marabilla deste teatro de proximidade, no que interaccionamos ao pé co actor e mais cos seus bonecos.

Esta proposta de narración oral está dirixida a toda a familia, a partir de tres anos todo o público é benvido!

“Burromaquia” de Fantoches Baj

Data: sábado, 09/11/2024

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Este espectáculo está dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. O acceso é libre e gratuíto ata completarmos a capacidade da sala.

 

Contacontos
Localización
C.C. Lustres Rivas