Encontro de Creadoras e Creadores BARBANTIARTE IX

O Museo do Gravado, a Asociación Cultural Barbantia® e o Concello de Ribeira teñen o pracer de convidarte ao ENCONTRO DE CREADORAS E CREADORES BARBANTIARTE IX, que terá lugar os días 11 e 12 de outubro de 2024 nas salas 1 e 2 do Museo do Gravado:

Venres, 11 de outubro ás 20.30 h: inauguración e presentación do catálogo BarbantiaRte IX.

Sábado, 12 de outubro ás 12.30 h: Mesa redonda: Arte e intelixencia artifical, con Soledad Penalta (escultora e académica); Carlos L. Bernárdez, historiador e crítico de arte, e Xulio Gil (fotógrafo e matemático).

Encontro de Creadoras e Creadores BARBANTIARTE IX
Localización
Museo do Grabado de Artes