A liga da ACT é a liga estatal de remo creada pola Asociación de Clubes de Traiñas como primeira división do remo no Cantábrico e Atlántico. Daniel Vázquez, da xunta directiva da ACT, contextualizou que “no seu momento houbo unha iniciativa de Barbanza-Arousa e ACT de promocionar no Barbanza este deporte náutico e xa é a segunda xornada como Mancomunidade polo tanto a segunda bandeira Euskolabel masculina e a primeira Euskotren feminina, dende a ACT, a xunta directiva e os clubes queremos agradecer tanto a Barbanza-Arousa coma ao Concello de Ribeira o interese para traer a Aguiño este deporte importantísimo e tradicional coma son as traíñas. “O lugar é espazo e moi bo para a práctica das traíñas onde hai posibilidades de mar aberto e iso quere decir que pode haber ondas que farán da proba algo moi divertido para os remeiros e para o público” asegurou. Tamén recordou que “é unha pobra de alto nivel, é deporte élite do banco fixo onde están os mellores remeiros e remeiras. O día da proba haberá unha “FanZone” que se ubicará nas inmediacións do porto, poderase degustar unha pequena mostra da nosa gastronomía ligada ao mar.