Contacontos no Lustres Rivas coa actuación de "Polo Correo do Vento"

O sábado 5 de novembro regresan os contocontos ao Centro Cultural Lustres Rivas coa actuación de Polo Correo do Vento, que escenificará a función "Rof o veterinario".

A actuación dará comezo ás 12 do mediodía. Acompañando a celebración do Mes da Ciencia nas Bibliotecas, esta actividade lúdica pretende facer máis próxima a figura do científico homenaxeado este ano no Día da Ciencia en Galicia, Rof Codina. Os pequenos e pequenas que asistan aprenderán a biografía de Rof Codina, debuxarán a súa caricatura e aínda haberán de escoitar algún cantar.

A entrada é libre e gratuíta.

Contacontos no Lustres Rivas coa actuación de
Localización
Centro Cultural Lustres Rivas