Obradoiro de Debuxo Urbano

O Departamento de Servizos Sociais Comunitarios de Ribeiraen colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, organiza un OBRADOIRO GRATUÍTO de DEBUXO URBANO para xoves de 16 e 19 anos con afección ao debuxo. A escola profesional de banda deseñada e ilustración profesional de Pontevedra "O GARAXE HERMÉTICO" será a encargada de impartir esta actividade, que se desenvolverá ao aire libre, o mércores 19 de outubro en horario de 16h a 20h.

As persoas participantes debuxarán a antiga fábrica de Salazón de Castiñeiras, empregando lápis e grafito acuarelable (Art Graft), para poñer en valor o patrimonio etnográfico e ecolóxico da nosa contorna. Non precisan levar ningún material.

Este obradoiro estase a impartir en varios concellos de Galicia co obxectivo de reivindicar a paisaxe e o entorno dende un punto de vista de concienciación ecolóxica e sustentable. Posteriormente elaborarase un libro, cos debuxos realizados e os textos do escritor Manuel Lourenzo González, que se distribuirá entre as persoas que participen na actividade.

Para inscribirse, ou ampliar información contactar co Departamento de Servizos Sociais a través do correo electrónico: servizossociais@ribeira.gal ou no teléfono 981377512. O prazo de inscripción remata o 18 de outubro.

O Concello de Ribeira é socio colaborador do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dende hai mais dunha década. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro integrada por administracións locais de Galicia unidas pola vontade común de contribuír á erradicación das desigualdades Norte-Sur, a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento con países empobrecidos e a sensibilización social en Galicia. Para ampliar información sobre esta plataforma pódese consultar a web www. fondogalego.gal

 

Aquí tendes o link do video onde se explica a técnica que se vai empregar no obradoiro:

https://youtu.be/Dkgjtbzb5y0

Obradoiro de Debuxo Urbano
Localización