Programas
- Servizos sociais comunitarios
- Información Xeral, Horario e Localización
- Novas
- Subvencións
- Escola Infantil Municipal
- Programas
- Servizo de Orientacion Social Inmediata (SOISS)
- Proxecto de información, orientación e asesoramento e xestion de recursos sociais
- Programa Básico de Inclusión Social
- Programa específico de atención a persoas inmigrates
- Programa de axuda no fogar e atención á dependencia – SAD
- Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF)
- Familia e infancia
- Programa de Fomento da Colaboracion, Solidaridade e Voluntariado social
- Voluntariado Social
- Ligazóns
- Teléfonos de interese
- Normativa municipal
- Deportes
- Centro de Información a Muller (CIM)
- Conservatorio profesional de música
- Escola Municipal de Ballet
- Cultura e festexos
- Unidade de Condutas Adictivas (UCA)
- Educación
- Normalización lingüística
- Obras e urbanismo
- Medio Ambiente e Benestar Animal
- OMIC
- Orientación Laboral (Emprego)
- Xuventude
PROGRAMA BÁSICO DE INCLUSION SOCIAL
No Programa Básico de Inclusión Social facemos unha valoración profesional das situacións de risco ou exclusión social, procurando darlles resposta ou derivar ao recurso idóneo, aplicando proxectos de intervención social persoalizados ou de grupo e prestacións económicas específicas.
Neste programa proporcionamos información sobre recursos para a cobertura das necesidades básicas, tanto propios, como doutras administracións ou entidades sociais.
Ofrecese un conxunto de actuacións e prestacións sociais destinadas a satisfacer necesidades económicas básicas e facilitar a inserción social e laboral de persoas e unidades familiares que se atopen en situacións ou risco de exclusión social.
Obxecto:
Detección e valoración das demandas presentadas polas persoas e unidades familiares que se atopen en situacións ou risco de exclusión social,
Derivación ao recurso idóneo, aplicando proxectos de intervenciíon social personalizados
Asignación das prestacións económicas e sociais necesarias e encamiñadas a satisfacer as súas necesidades económicas básicas e a estimular a súa incorporación social e laboral.
A quen vai dirixido?:
Persoas e unidades familiares en situacións ou risco de exclusión social.
Recursos humanos:
Equipos de traballadoras/é sociais responsables do programa básico de inclusión social.
Requisitos:
Empadronamento e residencia efectiva no termo municipal de Ribeira.
Non dispoñer de recursos suficientes segundo a situación económica e familiar.
Prazo de presentación:
Todos os días do ano.
O Concello de Ribeira conta cunha subvención da Consellería de Política Social e Xuventude, concedida en base á Orde do 6 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco dos programas operativos FSE + Galicia 2021-2027, e se procede a súa convocatoria.
Os programas subvencionados que xa están en marchan son:
ÁREA DE SENFOGARISMO:
- PROGRAMA SEN RECUNCHOS: asesoramento e acompañamento social persoalizado encamiñado a mellorar as capacidades e habilidades das persoas sen fogar.
- PROGRAMA SENFOGARISMO CERO: Apoio na busca do recurso residencial máis axeitado en cada caso.
-
- Obxectivo específico destes dous programas: Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos
- Resultado agardado: reducir a incidencia do senfogarismo no Concello de Ribeira
A estes Servizos profesionais accédese a través dunha valoración e derivación previa das traballadoras sociais municipais correspondentes a cada área.
Entidades colaboradoras no concello :
- ICE RENOVACION RIBEIRA
Rua Cervantes nº 11 baixo
Ribeira
- CARITAS PARROQUIAL
Porta do sol s/n
Ribeira
- ASAMBLEA LOCAL DE CRUZ VERMELLA
Avda malecón,2
Ribeira